Estamos ante unha pandeireta gallega de 5 ferreñas, pequena (22 cm de diámetro e 4,5 cm de altura) e moi lixeira (solo 5 pares de ferreñas), ideal para que poidan utilizala os nenos sen que lles resulte pesada no pulso.
O proceso de fabricación das pandeiretas realízase de xeito 100% artesanal no noso taller de Carballo, coidando cada detalle do proceso.
Fabricamos as pandeiretas con madeira de piñeiro pola sua lixereza e o seu bo comportamento acústico. Traballamos a madeira a partir de grandes tablón de piñeiro, o que nos permite controlar as suas condicións de humidade e temperatura en todo momento para poder darlle a sua forma redonde sen que aparezan gretas ou outros problemas estructuráis. Na empuñadura leva un rebaixe ergonómico que facilita o agarre e permite tocar durante sesións longas, evitando lesións ou esgotamento excesivo no pulso.
Para o parche utilizamos pel natural de cabra ou ovella, que ofrece uns matices e unha sensación o golpeo moi diferente dos materiais sintéticos.
Cosemos a pel o aro unha a unha, de maneira manual.
As ferreñas de lata tamén están feitas no noso taller. Además da forma tradicional da ferreña, podes escoller outras formas que tamén fabricamos no noso taller e ofrecen diferentes sonoridades.-
Os modelos de cores tamen se pintan no noso taller de maneira artesanal, obtendo cores duradeiros sen afectar o son.
* A cor das fotografías pode variar segundo o dispositivo e as condicións de luz onde se vexan.








Reseñas
Aínda non hai valoracións.