Bordón Multitono

O bordón multitono é froito da misión de Obradoiro Musical JR de facerlle a vida máis sinxela aos músicos. Inventado no noso obradoiro, o bordón multitono permitirá a gaiteiros e gaiteiras usar unha mesma gaita en diferentes tonalidades sen apenas axustes, simplemente cambiando o punteiro.

Ata agora, todo gaiteiro tiña que dispoñer dunha gaita diferente á hora de querer tocar con distintas tonalidades. Só no caso de tonalidades consecutivas podíase utilizar uns adaptadores ou cambiando os pallóns para cambiar a tonalidade. Utilizando o noso bordón multitono pódese conseguir este cambio de tonalidade só cambiando de punteiro na gaita, logrando afinar unha ampla gama de tonalidades sen necesidade de poñer ou quitar adaptacións ou pallóns.

Con esta peza pretendemos que os gaiteros que tocan en diferentes grupos, ou por necesidades do repertorio, non teñan que dispoñer de varias gaitas, senón que cunha única gaita e varios punteiros diferentes poidan afinar o seu instrumento en distintas tonalidades, ou incluso facer afinacións especiais ao seu gusto.

Accede a nuestra tienda online para ver los diferentes modelos de bordón multitono:

CATÁLOGO

Máis información:

Reportaxe no Telexornal da TVG.

Entrevista en Radio Voz