Proceso de compra

 

Unha vez localizado o produto desexado tan só haberá que incorporalo ao carriño de compra facendo click no botón "Engadir ao carriño". Ao facelo poderá continuar comprando ou tramitar o seu pedido.

 

Unha vez seleccionados todos os produtos que desexe comprar, facendo click no botón "Confirmar"  iniciará o proceso de compra:

 

  • Se xa é cliente: deberá rexistrarse no sistema introducindo os seus datos de usuario e contrasinal.
  • Se é un novo cliente: deberá darse de alta para o que basta con cubrir os datos solicitados nuns sinxelos pasos.

 

Finalizará o proceso indicando os datos de facturación e envío, seleccionando a continuación a forma de pago que prefira.

 

Métodos de pago dispoñibles

  • Tarxeta de crédito
  • Transferencia bancaria

 

Envío

O envío realizarase a través dunha empresa de transporte. En todo o proceso de envío respetaranse as condicións óptimas para o transporte e conservación do produto.

 

Prazos de entrega

O prazo de entrega será de 4 días para envíos mediante servizo de transporte (excluíndo fins de semana), sempre que o produto estea dispoñible en stock. Debido á elaboración artesanal da maioría dos nosos produtos estes prazos poden variar, establecendo un prazo aproximado de referencia de 30/40 días para produtos como gaitas, tambores, bombos…. Para maior información pode contactar a través de correo electrónico info@musicaljr.com ou por teléfono 981 701 326.  Se algún dos produtos seleccionados non se puidese servir contactarase directamente co cliente para acordar unha solución.

Para pagos mediante transferencia bancaria o prazo de entrega establecerase a partir da data de recepción do xustificante da transacción.

Non se servirán pedidos en apartados de correos.

 

Devolucións ou cambios

O prazo máximo para solicitar a devolución son 14 días dende a recepción do pedido.

A solicitude pódese realizar a través de correo electrónico info@musicaljr.com ou por teléfono 981 701 326 (de luns a venres de 10:00h a 13:00h e de 16:30 h a 20:30h; sábados de 10:00h a 13:30h), indicando a referencia do pedido e a incidencia correspondente.

Motivos de devolución:

  • O produto entregado non é satisfactorio. Pode devolvelo a través de mensaxeiro. Reembolsarase o importe do produto pero non os gastos de envío.
  • Produto defectuoso ou non se corresponde co pedido. Musical JR correrá cos cargos de recollida e envío do produto correcto.

Non se aceptarán devolucións de produtos sen a súa embalaxe orixinal.
Para a súa devolución o produto debe atoparse en perfecto estado, acompañado de todos os seus compoñentes e accesorios.
Non se aceptará a devolución de gaitas ou outro tipo de produtos fabricados baixo as especificacións do cliente.

Máis información

Se precisa máis información pode contactar con nós no teléfono 981 701 326 ou no correo electrónico info@musicaljr.com.

* Os prezos indicados que aparecen na páxina web levan incluído o I.V.E.