O bordón multitono, inventado no noso obradoiro, permite que as gaitas poidan afinarse nunha amlia gama de tonalidades só cambiando o punteiro.
Ata agora, todo gaiteiro tiña que dispoñer dunha gaita diferente á hora de querer tocar con distintas tonalidades. Só no caso de tonalidades consecutivas se podían utilizar uns adaptadores ou cambiando os pallóns para cambiar a tonalidade. Utilizando o noso bordón multitono pódese conseguir este cambio de tonalidade só cambiando de punteiro na gaita, logrando afinar unha amplia gama de tonalidades sen necesidade de poñer ou quitar adaptacións ou pallóns.
Con esta peza pretendemos que os gaiteiros que tocan en diferentes grupos, ou por necesidades do repertorio, non teñan que dispoñer de varias gaitas, senón que cunha única gaita e varios punteiros diferentes poidan afinar o seu instrumento en distintas tonalidades, ou incluso crear afinacións especiais ao seu gusto.
Comentarios
Deixe o seu comentario