Presentación en Ourense

Escrito por: Musical JR En: Información-Xeral O: miércoles, abril 15, 2015 Comentarios: 0 Impresiones: 4383

O próximo xoves 16 de abril, ás 20:00 horas, na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense.

Despois da gran acollida da presentación de fai unhas semanas en Santiago de Compostela, o próximo xoves 16 de abril realizaremos un novo acto de presentación do noso novo invento: o bordón multitono.

O evento, presidido polo Director da Real Banda de Gaitas D. Jose Luís Foxo, terá lugar ás 20:00 horas na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense e contará coa presenza do gaiteiro Óscar Ibáñez.

O bordón multitono, que permite a gaiteiros e gaiteiras usar unha mesma gaita en diferentes tonalidades sen apenas axustes, pode atoparse xa na nosa tenda online.

Comentarios

Deixe o seu comentario