Gaita GRT

O modelo GRT caracterízase por levar a segunda peza do roncón partida para poder afinar nas tres tonalidades Grilleira, Redonda e Tumbal (Re, Do e Sib respectivamente).

Esta gaita tamén leva unha ronqueta con prima afinable para poder dar ditas tonalidades.

Máis detalles

1 404,96 €

Máis info

Feita en madeira de granadillo, con ronqueta, anelado de aceiro inoxidable e fol de Gore Tex. O vestido do fol está feito con tela brocada con terciopelo.

Leva chave de corte de son no roncón e na ronqueta.

Tonalidade en Do.

Entrégase con estoxo ríxido e accesorios (palleta, vaselina e pano de limpeza)

Produtos na mesma categoria