Pandeireta BAIUCA

41,32 €

Máis info

O son distintivo desta pandeireta danllo os 11 pares de chapas de botella, sendo moi boa para tocar en casa ou na taberna pois permite cantar sen forzar moito a voz.

Baiuca e o establecemento onde se serven bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular ou ben de estilo rústico, un bo sitio para xuntarse e disfrutar por exemplo cantando

Pandeireta de 24.5 cm de diámetro e 6.5 cm de altura. Realizada en madeira de piñeiro en cor nogal rústico e pel de ovella ou cabra cosida a man. Rebaixe na empuñadura con forma ergonómica.

Produtos na mesma categoria